Tras os pasos da pluma de Wenceslao.
O sábado 11 de maio de 2024 en Villa Florentina, sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, tivo lugar o primeiro evento público que convoca a Asociación Cultural Club Estilográfico Noroeste.
O acto comezou cunha pequena introdución ao tema proposto: Parker 61, Parker 51 e Parker 21.
Uniuse a nós Laura, da canle de YouTube @azaharaletras, e Borja. Laura coordina tamén as webs azaharaestilograficas.com e azaharaletras.com. Amosounos as súas estilográficas Parker, entre elas esta venerable preciosidade de Parker 61 Mk I.
Foi unha mañá moi agradable na que compartimos as nosas estilográficas, probámolas, algunha foi desarmada e armada ( non sobrou nin faltou ningunha peza ). Tivemos a sorte de ver como é o interior do mecanismo de carga por capilaridade dunha Parker 61 ( Non o proben na súa casa ), xa que correspondía a unha peza rota.
Houbo momento para risas, tomas falsas, para un bo café ou té acompañado de ricos biscoitos, todo iso en moi boa compañía.
Grazas a Alicia e a Teresa, da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, por facernos sentir como na casa.
O evento de xuño de 2024 será unha colaboración coa Fundación, un obradoiro de estilográficas para a mocidade e tamén para non tan novos.
Se queredes ver o vídeo de Laura, podes facelo aquí.
Referencia de prensa La Voz de Galicia sobre a reunión:
La Voz de Galicia, xoves 9 de maio de 2024.
No hay comentarios:
Publicar un comentario